Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Pedagoxía da educación física e o deporte
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Pedagoxía da educación física e o deporte Código P02G051V01105
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Ferreiro González, María Isabel
Correo-e maferreiro@uvigo.es
Profesorado
Ferreiro González, María Isabel
Web http://http://https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/708976005 (Sala 901)
Descrición xeral A finalidade principal desta materia consiste en adquirir unha visión de conxunto sobre os principais fenómenos e problemas físico/educativos referidos ao quefacer profesional, para que o alumnado poida chegar a contemplar os procesos pedagóxicos como accións e feitos humanos que actúan coherentemente nun sistema social: analizar, relacionar e sintetizar os distintos elementos que constitúen estes procesos.
Así mesmo preténdese que os alumnos e alumnas saiban interpretar, ao final de curso, a realidade da educación física e deportiva nas súas dimensións fundamentais: o desenvolvemento da razón e o sentido crítico ó estudar a actividade dos citados procesos e o saber intervir a nivel educativo sobre esa realidade, tendo claro o seu papel como profesionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000