Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fisioloxía do exercicio I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Aplicación práctica dos temas estudados a nivel teórico. Realizaranse diversas prácticas en grupo, para unha maior fixación dos conceptos relacionados co sistema nervioso, a contracción muscular, as vías metabólicas e o control hormonal do exercicio, así como distintas probas de valoración do exercicio.
As prácticas de simulación de procesos fisiolóxicos realizaranse na aula de informática.
As prácticas e valoración Fisiolóxica do exercicio realízanse no laboratorio de fisioloxía do exercicio,
nas pistas de atletismo ou noutras dependencias ou exteriores da Facultade
Resolución de problemas de forma autónoma Formulación, análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado cos temas
teóricos vistos na aula. E o seu seguimento poderá realizarse a través da plataforma de
teledocencia da Universidade.MOOVI: https://moovi.uvigo.gal/login/index.php/
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas
e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000