Para conservar o dereito á avaliación continua, o alumnado debe cumprir cos requisitos de asistencia ás prácticas de laboratorio (>80% das sesións). Para aprobar a materia, será necesario alcanzar un 50% da puntuación en cada un dos apartados nos que se estrutura a avaliación (i.e., prácticas de laboratorio, resolución de problemas, traballo tutelado e exame de preguntas obxectivas).
Cando os estudantes acudan á segunda convocatoria (i.e., xuño-xullo) dentro do mesmo curso académico, manteranse as probas superadas, e só terán que realizar as probas que non pasaron previamente.
Avaliación Global:
O alumnado que opte pola avaliación global ou non cumpra cos requisitos de avaliación continua (i.e., asistencia a prácticas de laboratorio) realizará unha avaliación global consistente en:
A) Exame sobre contidos teóricos da materia: 5 puntos (i.e., 50% da nota final). B) Exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos (i.e., 50% da nota final).
Será requisito indispensable para o estudantado que se presente á modalidade de avaliación global aprobar o exame sobre contidos teóricos e o exame de contidos prácticos para superar a materia.
Independentemente do sistema de avaliación seleccionado polo alumnado (avaliación continua ou global), non se conservarán os ítems de avaliación aprobados (i.e., prácticas de laboratorio, resolución de problemas, traballo tutelado e exame de preguntas obxectivas) dun curso para outro.
En calquera das convocatorias e modalidades (i.e., continua ou global), se o estudante obtén unha cualificación numérica superior a 5 pero non cumpre cos requisitos establecidos para aprobar a materia, recibirá unha cualificación de 4,5 (suspenso). No caso de obter cualificacións inferiores, colocarase a nota obtida.
As datas dos exames poderanse consultar na web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte no seguinte enlace: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/