Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Aprendizaxe e control motor
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos relacionados cos bloques temáticos da materia por parte do docente.
Prácticas de laboratorio Desenvolveranse sesións prácticas vinculadas cos bloques temáticos da materia, permitindo ao alumnado aplicar os conceptos aprendidos nun entorno práctico e experimental. As prácticas consistirán en tarefas grupais asociadas cos contidos obxecto de cada práctica. Promoverase a asistencia a tutorías individualizadas e grupais co obxectivo de apoiar, analizar e avaliar o proceso de elaboración das tarefas propostas durante o desenvolvemento das sesións prácticas.
Resolución de problemas Actividade na que se formularán problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Utilizaranse como complemento ás leccións maxistrais e prácticas de laboratorio. Promoverase a asistencia a tutorías individualizadas e grupais co obxectivo de apoiar, analizar e avaliar o proceso de elaboración das tarefas propostas durante o desenvolvemento das sesións prácticas.
Traballo tutelado O/a estudante, xa sexa de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo relacionado cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000