Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
12
OB
4
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiais
Coordinador/a
Lorenzo Rial, María Asunción
Correo-e
marialorenzo@uvigo.es
Profesorado
Lorenzo Rial, María Asunción
Web
Descrición xeral
O Prácticum constitúe unha materia orientada á integración e aplicación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridos ao longo da titulación en contextos profesionais reais das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. A través da realización das prácticas académicas externas preténdese contribuír á formación integral do estudantado, complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica; facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo propia da realidade profesional, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos; favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas; proporcionar unha experiencia práctica que mellore a empregabilidade e facilite a inserción profesional; e promover os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento. A materia complétase coa elaboración dunha memoria de prácticas na que o estudantado reflexiona sobre a experiencia desenvolvida e sobre a adquisición das competencias asociadas á titulación.