Recoméndase que os estudantes teñan neopreno xa que se realizarán moitas prácticas nun ambiente natural.
Recoméndase que, se existe unha condición de saúde preexistente que poida supor un risco para actividades acuáticas intensas e extremas (como enfermidades cardíacas, epilepsia, mareos, etc.), escolla outra materia con menos risco ou avalíe o seu risco a través dun consello médico.
Se o alumno que presenta unha patoloxía que podería ser potencialmente perigosa para esta materia, decide cursala, deberá poñerse en contacto co servizo de prevención de riscos laborais para que, xunto co profesor, adopte as medidas preventivas específicas para a situación persoal.
Esta materia implica unha intensa actividade práctica en ambientes inestables. O estudante na súa matrícula debe avaliar as súas capacidades físicas e limitacións, así como o seu nivel de natación anterior, a tolerancia á hipotermia ou o afrontamento emocional con situacións simuladas relacionadas con emerxencias acuáticas / deportivas.
|