Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes colectivos II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Fútbol: O exame consistirá na resposta a preguntas teórico-prácticas 50 B1
B12
B15
B23
B24
Exame de preguntas obxectivas Voleibol: resposta a preguntas teóricas 50 B12
B15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A puntuación final será a media aritmética da nota obtida na parte de Voleibol e Fútbol da materia. Será necesario acadar polo menos unha puntuación de 4 para facer a media.

Fútbol: Os alumnos que non acaden o 80% de asistencia ás clases prácticas terán que realizar un exame práctico consistente na resolución de casos prácticos e na execución de competencias e tarefas específicas no campo. O 40% da nota será o exame teórico, o outro 40% será o exame práctico e o 20% será a preparación das sesións prácticas ao longo do curso.

Voleibol: Os alumnos que non acaden o 80% de asistencia ás clases prácticas terán que realizar un exame teórico que suporá o 50% da nota e o outro 50% será o exame práctico.

Na segunda convocatoria de Fútbol e voleibol valorarase do mesmo xeito que na primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000