Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía e historia da actividade física e o deporte
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Socioloxía: Socioloxía e historia da actividade física e o deporte Código P02G050V01203
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Pérez Freire, Silvia
Velasco Martínez, Luis
Correo-e silviapf@uvigo.gal
luis.velasco.martinez@uvigo.es
Profesorado
Pérez Freire, Silvia
Velasco Martínez, Luis
Web
Descrición xeral Desde o punto de vista da historia, os obxectivos xerais que se pretenden alcanzar nesta materia consisten en achegar ao alumno/á o coñecemento dos fundamentos, conceptos, métodos, técnicas de traballo e ferramentas empregados pola ciencia histórica aplicados aos obxectos concretos que representan a actividade física e o deporte, de modo que sexan capaces de comprender que ambos constitúen unha forma específica de práctica que evoluciona ao longo do tempo e en relación coa sociedade concreta na que se desenvolve.
A actividade física e o deporte son conceptos diferentes, pero conectados. Actualmente o deporte constituye un "frito social total", caracterizado por unha complexa rede de relacións con outros subsistemas (cultural, económico, político, etc.). Por iso o deporte non é só unha actividade física, senón que está determinado polos significados sociais que a sociedade lle atribúe a esas prácticas. A Socioloxía, como ciencia do social, ofrece unha serie de teorías e metodoloxías útiles para explicar as relacións entre prácticas físicas, deporte e contorna sociocultural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000