Lección maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de forma expositiva ao grupo clase. A docente centrará a súa intervención, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos outros temas da guía docente. |
Presentación |
A exposición por parte do alumnado consiste na presentación dun traballo incluido nos contidos. O recurso principal será a linguaxe oral, aínda que tamén pode estar acompañado de texto escrito. Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos máis importantes dunha ampla gama de información. |
Seminario |
Elaboración dun traballo, voluntario, relacionado coas actividades prácticas desta materia, en grupos e seguindo as directrices expostas na plataforma dixital Moovi. |
Saídas de estudo |
Realizarase unha saída de estudos relacionada coa temática da materia, que clarificará aspectos teóricos tratados na aula. |