A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas, debendo ser superadas todas as partes (teoría e prácticas) para poder obter unha cualificación positiva. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria, mediante proba obxectiva e os traballos realizados ao longo do curso. Tanto a cualificación da proba obxectiva coma a cualificación dos distintos traballos derivados da resolución de problemas, dos traballos de aula e das presentacións, feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria. O alumnado non asistente deberá contactar ao inicio do curso coa docente, para coñecer os prazos de entrega das diferentes actividades e traballos solicitados (similares aos realizados polo alumnado asistente).
Todo o alumando, asistente ou non asistente, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame -proba escrita- e a entrega dos traballos prácticos obrigatorios).
As datas oficiais dos exames pódense consultar na Web da Facultade, na seguinte ligazón: www.fcced.uvigo.es/gl
|