Esta materia está orientada ao uso e dominio por parte do alumnado das aplicacións informáticas e os recursos dixitais dentro do deseño de moda e o seu entorno creativo/empresarial. O alumno debe adquirir os coñecementos e habilidades intrumentais necesarias para os ámbitos disciplinares fundamentais do deseño, como a gráfica, xeración e manipulación da imaxe dixital, ilustración, maquetación, tipografía, identidade corporativa. Incidirase especialmente no dominio das ferramentas dixitais de xeración e tratamento de imaxe e deseño vectorial, e de programas complementarios para a edición gráfica.