2ª edición ordinaria: Dado
que a práctica clínica é unha actividade presencial, non
recuperable, os estudantes soamente poderán empregar a 2ª
oportunidade, para recuperar as partes/probas non superadas pero si cursadas, na 1ª oportunidade, segundo corresponda.
Asimesmo nesta 2ª edición, soamente poderán recuperarse as ausencias até un máximo de dez xornadas, segundo o recollido na Guía de Prácticas Clínicas, e sempre que haxa dispoñibilidade no Centro Sanitario de referencia.
Entrega do portafolios/dossier: consultar datas a través da plataforma Moovi.
É imprescindible aprobar cada parte, para poder superar a materia.
Datas de avaliación
Consultar na páxina web: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/profesorado/exames-grao
OUTROS COMENTARIOS: . Importante que o documento de asistencia á prácticas clínicas, recolla tanto a asistencia como as faltas/ausencias, para a súa posterior recuperación e entrega en tempo e forma na Escola.
. No caso de non poder acudir por motivos xustificados e documentados á unidade de prácticas clínicas, a/o alumna/o, deberá avisar por correo electrónico ao profesorado da materia (PracticasclinicasV.enfermaria.ourense@sergas.es), con COPIA á supervisora da unidade de rotación.
|