2ª edición ordinaria: Dado
que a práctica clínica é unha actividade presencial, non
recuperable, os estudantes soamente poderán empregar a 2ª
oportunidade para recuperar as partes/probas non superadas pero sí
cursadas na 1ª oportunidade, segundo corresponda. Así mesmo nesta 2ª edición, soamente se poderán recuperar ausencias ata un máximo de dez xornadas, segundo o recollido
na Guía de Prácticas Clínicas, e sempre que haxa dispoñibilidade no Centro Sanitario de referencia. Entrega do cartafol/dossier: consultar datas a través da plataforma Moovi. É imprescindible aprobar cada parte, para poder superar a materia. Nota de corte: 5. Os criterios de avaliación serán os mesmos que os indicados para a 1ª edición. Datas de exames: Consultar páxina web: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/profesorado/exames-grao OUTROS COMENTARIOS: - Importante que o documento de asistencia a prácticas clínicas, recolla tanto a asistencia coma as faltas/ausencias, para a
súa posterior recuperación e a súa entrega en tempo e en forma na Escola. - No caso de non poder acudir por motivos xustificados e documentados a unidade de prácticas clínicas, o alumnado avisará
por correo electrónico ao profesorado da materia (PracticasClinicasIII.enfermaria.ourense@sergas.es), con COPIA á
supervisora da unidade de rotación. - É obrigatorio subir á plataforma Moovi no apartado "usuarios" unha foto que permita a identificación da/o alumna/o |