2ª EDICIÓN ORDINARIA: Dado
que a práctica clínica é unha actividade presencial, non
recuperable, os estudantes soamente poderán empregar a 2ª
oportunidade para recuperar as partes/probas non superadas pero sí
cursadas na 1ª oportunidade, segundo corresponda. Asimesmo nesta 2ª edición soamente se poderán recuperar ausencias ata un máximo de dez xornadas, segundo o recollido na Guía de Prácticas Clínicas, e sempre que haxa dispoñibilidade no Centro Sanitario de referencia. Para o estudo de caso, o alumnado ten 2 alternativas: - Presentar o mesmo caso clínico da edición anterior, modificado e corrixido. A nota máxima a acadar será un 5. - Presentar un novo caso clínico, é dicir un traballo distinto ao da edición anterior. A nota máxima a acadar será un 10. Entrega do Cartafol/dossier e estudo caso: consultar datas a través da plataforma Moovi. É imprescindible superar cada parte, para poder aprobar a materia. Datas de avaliación Consultar a plataforma Moovi OUTROS COMENTARIOS:
- Importante que o documento de asistencia a prácticas clínicas, recolla tanto a asistencia coma as faltas/ausencias, para a súa posterior recuperación e a súa entrega en tempo e en forma na Escola.
- No caso de non poder acudir por motivos xustificados e documentados a unidade de prácticas clínicas, o alumnado avisará por correo electrónico ao profesorado da materia (PracticasClinicasII.enfermaria.ourense@sergas.es), con COPIA á supervisora da unidade de rotación.
- A asistencia a prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias serán recuperadas segundo establece a Normativa de Prácticas Clínicas do Centro.
- É obrigatorio subir á plataforma Moovi no apartado "usuarios" unha foto que permita a identificación da/o alumna/o. |