Utilizarase a plataforma Moovi da Universidade de Vigo para manter comunicación académica-docente con a/o estudante (documentación, anuncios, cualificacións, etc), por tal motivo será preciso, que ao inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, a/o estudante verifique que está dada/o de alta correctamente na materia no Moovi.
A/O estudante deberá entregar á profesora na 1ª semana do inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, a ficha de alumna/o debidamente cumprimentada, a cal está dispoñible na páxina web da Escola e no cartafol da materia no Moovi.
Titorías da materia: estas serán previa petición da/o estudante, enviada ao correo electrónico da profesora*, quen marcará o dia e a hora para a mesma.
*Correo electrónico da profesora da materia: raquel.perez.rodriguez@sergas.es
Será de obrigado cumprimento por parte da/o estudante, o establecido no art.39 do código ético, do "Título VII. Do uso de medios ilícitos", do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado no claustro da UVigo o 18 de abril de 2023), que implica a renuncia ao emprego de medios, prácticas e/o dispositivos non autorizados ou que poidan implicar un aproveitamento ilexítimo do traballo alleo, a apoderarse indebidamente do contido de probas ou examenes, a utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e de gravación das actividades universitarias; así como asumir as consecuencias que ocasione o incumprimento do devandito compromiso e as sancións que se derivasen deste, de acordo con o previsto polo artigo 11 g) da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, cumprindo ademais co código ético da Universidade de Vigo. |