Primeira edición É indispensable aprobar cada unha das partes avaliadas cun 5 como nota mínima (o exame, as presentacións e a participación nos seminarios) para superar a materia.
Avaliación para o alumnado con ausencias: Esta modalidade pode ser escollida en dúas situacións diferentes: 1. Os alumnos que por causas debidamente xustificadas non lles resulte posible a asistencia regular aos seminarios (máis do 90%), neste caso os alumnos deberán comunicar ao comezo da materia e por escrito á profesora responsable que non van asistir a devanditos seminarios, xustificando debidamente este feito. 2. Os alumnos que por diferentes causas, sempre xustificadas, non cumpran a porcentaxe mínima de asistencia. Nos dous casos non terán opción á modalidade de avaliación continua, pasando á "modalidade de avaliación para alumnado con ausencias". A avaliación para o alumnado con ausencias constará de dúas partes: 1. Un exame con preguntas de desenvolvemento. É necesario sacar un 5 sobre unha puntuación de 10 para aprobar (60% da nota final). 2. Un exame sobre os contidos dos seminarios. Nota de corte 5 sobre 10. (40% da nota final).
Segunda edición: O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, o tipo de proba será o mesmo do mesmo xeito que as condicións (aprobar cada unha das partes avaliadas para superar a materia), nota de corte un 5.
Convocatoria de fin de carreira: Criterio de avaliación: exame de preguntas de desenvolvemento (100%). Nota de corte 5.
Datas de exame: As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, así como a convocatoria fin de carreira, serán as marcadas no calendario de exames aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola como no taboleiro de información para o alumnado no centro. A data/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais serán as aprobadas e publicadas na web e taboleiros de anuncios do Centro. |