Sesións de clases expositivas. Clases teóricas de tipo participativo para favorecer a discusión e a comprensión do tema tratado. Farase lectura de documentos científicos de interese e/ou casos clínicos.
Traballo tutelado
Traballos individuais e en grupo relacionados co contido do módulo e que se exporán nas clases para favorecer a participación do alumnado e a resolución de problemas.
Seminario
Traballo con pequenos grupos de estudo e debate de temas específicos relacionados co contido do tema. Busca e selección de información relevante, a análise crítica do mesmo, exposición de ideas e traballo en equipo en relación ao obxecto de estudo. Estudo de casos, análises diagnósiticos, aprendizaxe baseada en problemas.