=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo, establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado, a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: manteranse os traballos tutelados, os seminarios e as clases maxistrais. Serán impartidas de forma presencial e virtual si a situación o permite. Se non é posible ningunha actividade presencial, será virtual.
* Metodoloxías docentes que se modifican: adaptarase a metodoloxía para que sexa posible virtual, non presencial.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): as titorías serán utilizando medios on line, de forma virtual.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Considerase a puntuación indicada no paso 7 (Avaliación), na mesma proporción.
* Probas pendentes
Pasarán a ser feitas na plataforma virtual, on line, a través da plataforma correspondente. Considerase a puntuación indicada no paso 7, na mesma proporción.
* Probas que se modifican: as probas/exames serán tipo test, pregunta curta ou oral, faranse de xeito virtual, a través da plataforma correspondente.
* Tanto nas clases coma nas probas de avaliación, utilizaranse os recursos telemáticos/virtuais facilitados pola Universidade de Vigo. |