Modalidade avaliación de seminarios: Si o alumno non pode asistir ao 90% das horas dos seminarios por causa suficientemente xustificada e documentada, o principio do cuadrimestre (nos primeiros 15 días) deberá comunicarllo ao coordinador da materia mediante a solicitude por escrito correspondente. No caso daqueles alumnos que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non consigan a asistencia do 90% das horas dos seminarios ,se presentarán al exámen final.
A avaliación de seminarios consistirá na realización dunha proba tipo cons casos clínicos aos contidos dos seminarios. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
A avaliación da parte teórica realizaráse con preguntas tipo test. Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.
2ª edición:
O alumno que non superou a proba tipo test na primeira edición, deberá realizar de novo unha proba tipo test cos mesmos criterios de avaliación que os descritos para a primeira edición. Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.
Só gardarase a parte de seminarios até a segunda edición.
O alumno que non superou a avaliación continua ou a proba escrita dos seminarios realizará unha proba escrita en relación aos contidos dos seminarios e suporá o 40% da nota. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
Convocatoria de fin de carreira:
Todo alumno que non teña superada a materia en anteriores convocatorias, poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira. Nesta convocatoria o alumno deberá realizar a proba escrita tanto dos seminarios como da materia. Serán dous exames tipo test nos cales cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Deberá ter en cada un deles 5 puntos sobre 10 para facer media. Para o computo global, a nota de seminarios corresponderá o 40% da nota e a nota da parte teórica o 60% restante.
Outros comentarios:
Será imprescindible, que cada alumno matriculado na materia, sexa repetidor ou non, entregue a ficha do alumno nos primeiros 15 días do curso ao coordinador da materia, para poder realizar a avaliación continua da mesma. As datas oficiais de exame marcadas para esta materia nas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.
Utilizarase a plataforma Moovi, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao comezo do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, se está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Para as tutorías será recomendable enviar previamente un correo electrónico á profesora responsable co tema a tratar.
|