CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA TODAS AS CONVOCATORIAS:
1. A asistencia aos seminarios e o aproveitamento dos mesmos, supoñen un 10% da nota total, non quere dicir que todos/as os/as que asistan, alcancen ese 10%. 2. A realización das presentacións e exposición das mesmas, supoñen un 10% da nota total, o que non quere dicir que todos/as os/as que as realicen, alcancen ese 10%. 3. Requírese un certo esforzo por parte dos/as alumnos/as, a hora da procura bibliográfica necesaria para a realización dos traballos. 4. Todo o alumnado realizará un exame final cuxa máxima nota será un 6. 5. É imprescindible para superar a materia, ter aprobada as dúas partes (para todos os alumnos) é dicir, un mínimo dun 3 no exame e un mínimo dun 2, na parte de seminarios. 6. Os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira convocatoria, se aproban algunha das dúas partes, gardaráselle esa nota para o curso seguinte.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON AUSENCIAS EN SEMINARIOS: O alumnado que teña faltas de asistencia aos seminarios, terá que realizar ademais do exame final, outra proba na que se avaliará o traballo desenvolvido nos seminarios. A proba consistirá no seguinte: - Elaboración e presentación en inglés dun traballo sobre un tema relacionado coa enfermería.
- Exercicios de escoita sobre temas vistos nos seminarios.
- Expresión oral sobre temas vistos nos seminarios.
- Exercicio de vocabulario.
Esta modalidade será obrigatoria para o alumnado que non cumpra co 90% da asistencia aos seminarios esixida.
Convocatoria fin de carreira: o sistema de avaliación para esta convocatoria, é igual que o indicado para o resto das convocatorias.
Convocatoria segunda edición: o sistema de avaliación para esta convocatoria, é igual que o indicado para o resto das convocatorias.
Segunda edición ordinaria: O sistema de avaliación para esta convocatoria, é igual que o indicado para o resto das convocatorias.
DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas dos exames, das respectivas convocatorias, serán as que constan no calendario oficial académico e que estarán publicadas na páxina web da Escola, así como no taboleiro de anuncios para o alumnado no centro. |