As transformacións que día a día se producen na sociedade e os cambios que afectan á profesión de enfermaría son múltiples. Os factores de cambio discorren entre os sociais, económicos, culturais, políticos, demográficos, sanitarios, tecnolóxicos ... A enfermaría ao longo da súa extensa historia estivo e está influída e condicionada por estes factores. Nesta materia preténdese coñecer a nosa historia como profesión, os diferentes modelos que foron xurdindo, como identificar as necesidades de saúde das/os cidadás/os e sobre todo a utilización do proceso de enfermaría como metodoloxía científica indispensable para "coidar" a poboación.