Primeira edición
É indispensable aprobar cada unha das partes avaliadas cun 5 como nota mínima (o exame, as presentacións e a participación nos seminarios) para superar a materia.
Avaliación no caso de ausencia aos seminarios da materia.
Constará de dúas partes: 1. Un exame con preguntas abertas de resposta curta. É necesario sacar un 5 sobre unha puntuación de 10 para aprobar (60% da nota final). 2. Un exame sobre os contidos dos seminarios. Nota de corte 5 sobre 10. (40% da nota final).
Segunda edición:
O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, o tipo de proba será o mesmo do mesmo xeito que as condicións (aprobar cada unha das partes avaliadas para superar a materia), nota de corte un 5.
Convocatoria de fin de carreira: Criterio de avaliación: exame de preguntas abertas de resposta curta (100%). Nota de corte 5.
Datas de exame: As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, así como a convocatoria fin de carreira, serán as marcadas no calendario de exames aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola como no taboleiro de información para o alumnado no centro.
Datas/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais serán as aprobadas e publicadas na web e taboleiros de anuncios do Centro.