O calendario de probas de avaliación atópase publicado na páxina Web do centro. Primeira oportunidade. (1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua. Para poder superar a materia na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario: -Unha nota mínima de 4.0 en cada un dos exames. -Asistir a, como mínimo, o 90% das sesións de prácticas. -Entregar a totalidade de memorias prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles. No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de AC e de 4.9. (2) Estudante que desexen ser avaliados mediante avaliación global. A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. Segunda oportunidade e Fin de Carrera. O estudantado que non superase a materia na primeira oportunidade poderá realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. En caso de detección de plaxio en calquera elemento de cualificación, a cualificación na devandita entrega será 0 e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |