Primeira oportunidade: (1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua: Para poder superar a materia na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario: -Unha nota no exame final de avaliación continua de, como mínimo, un 5.0. -Asistir a, como mínimo, o 80% das sesións de prácticas. -Entregar a totalidade de memorias de prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles. No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de EC e de 4.9. As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo, sempre que sexa posible. O exame final de avaliación continua realizarase na data aprobada polo centro para a primeira oportunidade. (2) Estudante que desexen ser avaliados mediante avaliación global: A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria, que non poderá ser superior a un mes. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. O exame de avaliación global realizarase na data aprobada polo centro para a primeira oportunidade. Segunda oportunidade e Fin de Carrera: O alumnado que non superasen a materia na primeira oportunidade e renunciase á avaliación continua, poderá realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota final. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. O estudante que fose avaliado por avaliación continua en primeira oportunidade e non renunciase á mesma, será avaliado de novo do exame final de Avaliación Continua e cumprir cos requisitos para superar a materia por evaluación continua. Os exames de segunda oportunidade e fin de carreira realizaranse nas datas aprobadas polo centro para cada convocatoria. Outras consideracións: En caso de detección de plaxio en calquera elemento de cualificación, a cualificación en devandito item será 0 e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta do Centro EEAE publícase no sitio web http://aero.uvigo.es/es/docencia/examenes |