Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determínen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
Adaptación das metodoloxías.
- Metodoloxías docentes que se manteñen.
Chegado o caso quedaría anulada a docencia presencial na aula e laboratorio, sustituindose por docencia non presencial vía telemática.
- Metodoloxías docentes que se modifican.
Impartición das clases de teoría e das prácticas de laboratorio mediante métodos telemáticos establecidos pola Universidade, a distancia online.
- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías).
Titorías online, mediante plataforma informática da Universidade ou resolución de dúbidas vía email.
- Modificacións (se procede) dos contidos a impartir.
Non procede.
- Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe.
Bibliografía xa establecida e revisada na actual guía docente.
- Outras modificacións.
Chegado o caso, os docentes poderán pedir ao alumnado a entrega de traballos/memorías/boletíns de problemas... de partes concretas da materia co fin de promover o autoaprendizaxe e a busca de información. Estes traballos/memorías/boletíns tamén terán un peso concreto á hora da avaliación da materia e conservarase a nota na 2ª edición da acta.
Adaptación da avaliación continua.
1.- Prácticas de laboratorio, con entregables por parte do alumnado terá un peso dun 30% na nota final da materia. A nota conservarase na 2ª edición da acta.
2.- Entrega de traballos/memorías/boletíns de problemas por parte do alumnado terá un peso dun 30% na nota final da materia. A nota conservarase na 2ª edición da acta.
3.- Exames parciais. Terán un peso dun 40%.
Estudantes que renuncien á avaliación continua: a nota obtida nun exame correspondente que representará o 100% da cualificación. Este exame poderá constar dunha parte a realizar en aula informática e/ou laboratorio cuxa cualificación poderá representar o 30% da cualificación total.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000