El/La estudante tiene derecho a optar por la
evaluación global según el procedimiento y el plazo que establezca el centro
para cada convocatoria. Observacións xeráis: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2022-23 As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. Criterios xeráis de avaliación: Para superar a materia o/a estudante debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5. Si nalgún dos bloques o alumno obtén unha nota inferior a 4, aínda que que a nota media sexa igual ou superior a 5, a materia estará suspensa e a cualificación final que figurará en acta será Suspenso (4). Criterios de avaliación para Avaliación Continua 1ª oportunidade: Todos os/as estudantes que opten pola modalidade de avaliación continua serán avaliados de maneira continua mediante a realización de probas e actividades, desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos no apartado anterior. Criterios de avaliación para Avaliación Global 1ª oportunidade: Todos os/as estudantes que opten pola modalidade Avaliación Global serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente. Criterios de avaliación para 2ª oportunidade e fin de carreira: Na segunda oportunidade (Xullo) e na convocatoria de fin de carreira os/as estudantes serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes. Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes. |