A materia comprende dous bloques fundamentais. En primeiro lugar, preséntanse os fundamentos do transporte aéreo civil dentro do seu marco legal, describindo os elementos que o integran, así como as súas interaccións. En segundo lugar, a materia introduce os sistemas embarcados en vehículos aeroespaciais. Materia "English Friendly": os estudantes internacionais poderán solicitar: a) materiais e bibliografía en inglés; b) titorías en inglés; c) exames en inglés