A modalidade de avaliación preferente é a avaliación continua. O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global (o 100% da cualificación na data oficial) segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar a materia. Cada exame puntuará sobre 10. Dado que a materia ten dúas partes ben diferenciadas, será necesario ter un mínimo de 2 sobre 5 en cada parte. No caso de
obter unha nota inferior a 2 puntos nalgunha das partes, a nota
final que figurará na acta será a suma de ámbalas dúas notas
limitada a un máximo de 4.8 puntos. (*)
A duración máxima de calquer exame será de 3 horas. Avaliación segunda oportunidade:Realización dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a obtención das competencias sinaladas na guía docente. O dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria. No caso de ter obtido un mínimo de 3 puntos nunha parte
(e non ter alcanzado 2 puntos na outra parte), o/a estudante pode
optar por realizar unicamente a parte suspensa ou o exame completo.
Será de aplicación igualmente o criterio indicado en (*). Procedemento de avaliación global (calquera convocatoria):A convocatoria de Fin de Carreira segue o procedemento de
avaliación global. Realización dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a obtención das competencias sinaladas na guía docente. O dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria. Será de aplicación igualmente o criterio indicado en (*). Datas avaliación: O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames Espérase que os estudantes presenten un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0). Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de: "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos
nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en
documentos oficiais da universidade". |