En caso de circunstancias excepcionais:
Docencia virtual
A actividade docente levarase a cabo mediante Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Moovi sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do estudantado aos contidos docentes.
Titorías
Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación de cita previa.
Avaliación
Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no apartado de Avaliación. |