O sistema de avaliación de segunda oportunidade é o mesmo que o de primeira oportunidade, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes ás metodoloxías baseadas en investigación, a resolución de problemas e/ou exercicios e ás prácticas. Datas de avaliación: O calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro atópase publicado na páxina web:
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames Deberán realizarse as prácticas de laboratorio para poder presentase á convocatoria de segunda oportunidade. Aqueles/as estudantes que non poidan asistir ás clases deberán avisar ao profesorado. Neste caso o exame contará un 85% da nota e as prácticas un 15% En resumo: Do 100% da nota da materia temos: - Exame: ata un 40% . É necesario sacar un 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. - Test de autoavaliación: ata un 10%. - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. - Traballos de investigación: ata un 15%. -Proba de avaliación de problemas e/ou exercicios: ata un 20%. Avaliación para estudantes que non opten por unha avaliación continua. - Exame/exames: ata un 85% debe sacarse un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar a materia. - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. MOI IMPORTANTE: Para poder sumar todas as porcentaxes, o/a estudante debe sacar como mínimo 5 sobre 10 na nota do exame. No caso de non chegar ao 5 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. A duración do exame final será de 2.5 horas aproximadamente. No caso de que o/a estudante consiga un 50% ou máis da nota na proba de avaliación de resolución de problemas e/ou exercicios, chegaralle con sacar como mínimo un 4 sobre 10 na nota do exame para poder sumar todas as porcentaxes. No caso de non chegar ao 4 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. O estudantado suspenso en primeira oportunidade non asistente a clase poderase presentar na convocatoria de segunda oportunidade a un exame que cobre todo o contido da materia, sempre que realizase as prácticas de laboratorio. En casos especiais nos que por motivos xustificados e previamente notificados os/as estudantes non poidan asistir ás prácticas, nin participar na avaliación continua o 100% da nota corresponderá a un exame final no que se avaliarán todas as competencias da materia. Convocatoria fin de carreira: O/A estudante que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.” En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Avaliación Global: O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. |