Cada alumno deberá alcanzar un mínimo de 40% da máxima nota das partes "Prácticas de Laboratorio" e "Proba obxectiva", e en calquera caso a suma das tres partes debe ser maior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase de acordo coa menor puntuación obtida.
No caso de non obter o mínimo nas "Prácticas de laboratorio" ou "Proba obxectiva", o alumno terá unha segunda oportunidade na que só se lle esixirá a entrega desa parte.
Non se gardarán cualificacións entre anos académicos.
As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.
Terá a condición de "Presentado" quen entregue todas as prácticas obrigatorias ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.
No caso de realización fraudulenta de exercicios o probas, se aplicará o estipulado no artículo 42, párrafo 1 do "Reglamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado" (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565): cualificarase ao alumno cun cero (supenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente.
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas oficiais de examen das diferentes convocatorias, encóntranse publicadas na páxina web da ESEI:
https://esei.uvigo.es/docencia/exames/
CONSULTA/SOLICITUDE DE TUTORÍAS
As tutorías poden consultarse a través da páxina personal do profesorado, accesible a través de
https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/