O alumnado deberá acadar polo menos o 40% da nota máxima de cada parte (teoría, práctica) e, en todo caso, a suma de ambas partes deberá superar un 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase en función da nota máis baixa obtida.
Na segunda oportunidade a avaliación realizarase cos mesmos criterios, e abrirase un novo prazo para entregar dous traballos prácticos.
As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa.
Terá a condición de "Presentado" o alumnado que asista á proba teórica no período oficial de avaliación.
No caso de realización fraudulenta de exercicios o probas, se aplicará o estipulado no artículo 42, párrafo 1 do "Reglamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado" (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565): cualificarase ao alumno cun cero (supenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente.
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas oficiais de examen das diferentes convocatorias, encóntranse publicadas na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/exames/
CONSULTA/SOLICITUDE DE TUTORÍAS
As tutorías poden consultarse a través da páxina personal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/