Ofreceranse dúas alternativas de avaliación: continua e global. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua consistirá en: - Realización das prácticas (coa entrega dos informes de realización nas datas sinaladas. Terá unha ponderación do 40 %). - Realización dun traballo práctico proposto polo alumno ou o profesor. Terá unha ponderación do 40% - Realización dunha proba tipo test de coñecementos xerais da materia. Terá unha ponderación do 20%. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Considérase que o alumnado opta polo sistema de avaliación global se non realiza o 50% das prácticas. Primeira edición das actas: este sistema empregarase para o alumnado que non opte pola avaliación continua. Segunda edición das actas e edición de Fin de Grao: este sistema será empregado para todo o alumnado. Proba única: proba de opción múltiple e resposta longa.
Puntuación: Esta proba puntuará o 100%. REGISTRO PROCESO DE CUALIFICACIÓN Independentemente da convocatoria, a cualificación en actas será a suma dos puntos obtidos en cada unha das partes avaliadas. No caso de non ter unha puntuación superior ou igual a 5, a puntuación das partes superadas conservarase para a 2a convocatoria. DATAS DE AVALIACIÓN O calendario de exames de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI. Publicado en: https://esei.uvigo.es/docencia/exames/ EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o
alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios e
prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que
establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en
procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que
se realicen ou en documentos oficiais da universidade." CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvi OUTROS COMENTARIOS Non se conservará ningunha das cualificacións obtidas para cursos académicos posteriores.
No caso de detectarse plaxio durante algunha das entregas, o alumno ou alumna será cualificada cun suspenso (0) e a situación será comunicada ao Departamento de Máster e ás autoridades universitarias correspondentes para que adopten as medidas oportunas. |