Esta materia pretende formar ao alumnado nos fundamentos da computación concurrente e a programación de sistemas paralelos e distribuídos. O obxectivo é desenvolver as destrezas suficientes para poder seleccionar, deseñar e desenvolver solucións computacionais eficientes que permitan resolver problemas inabordables usando outros paradigmas de computación. O obxectivo é capacitar ao alumnado para que poidan desenvolver código que aproveite todas as potencialidades destas solucións de computación para dar soporte a aplicacións de intelixencia artificial.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés