Educational guide 2024_25
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Optimización matemática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas/cuestionarios nos que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor.

Resultados de aprendizaxe avaliados:
RA1, RA2, RA3, RA4
100 A2
A5
B2
B4
C1
C5
C15
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nos sistemas de avaliación que aparecen reflectidos na memoria do grao utilízase a metodoloxía de avaliación de "Resolución de problemas e/ou exercicios" e realizaranse presencialmente nas condicións que estableza o profesor, respectando que o 25% correspóndese coa realización de exercicios e o 75% coa superación de probas parciais e finais.

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS TEÓRICAS

Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período formativo vinculado á materia e que incluirán a avaliación de conceptos teóricos, de identificación dos modelos de optimización adecuados e das interrelacións entre optimización matemática e aprendizaxe automática.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 20% (ningunha proba superará o 10%).

Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas.

Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA4.

----------------------------------------------------------------------------

PROBAS PRÁCTICAS

Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período formativo vinculado á materia e que incluirá a resolución de problemas e/ou exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 80% (ningunha proba superará o 40%).

Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas.

Resultados previstos na materia: Todos

.

----------------------------------------------------------------------------

PROBA FINAL

Descrición: Incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución de problemas e/ou exercicios co obxectivo de comprobar que o alumnado afianzou os contidos da asignatura. O estudante que obtivera unha nota igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na media ponderada do conxunto de todas as probas realizadas ao longo do período formativo vinculado a asignatura está exento de realizar esta proba.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 100%.

Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas.

Resultados previstos na materia: Todos

----------------------------------------------------------------------------

  • Se un estudante non se presenta a algunha das probas, salvo na proba final, asignaráselle unha cualificación de 0 nela.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global:

O estudantado deberá de comunicar ao coordinador da materia a renuncia ao sistema de avaliación continua antes do último día do período formativo vinculado á materia.

PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Descrición: Proba que incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución de problemas e/ou exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 100%.

Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas.

Resultados previstos na materia: Todos

.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARACONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

Empregarase o sistema de avaliación global.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Para a cualificación en actas terase en conta aseguinte casuística:

  1. Os estudantes que opten polo sistema de avaliación global recibirán a cualificación obtida na proba de avaliación global.
  2. Os estudantes que opten polo sistema de avaliación continua:
    1. Se se presentan á proba final recibirán a cualificación obtida en devandita proba final.
    2. Se non se presentan á proba final:
      1. Se obtiveron unha nota media ponderada inferior a 5 puntos (sobre 10) nas probas teóricas e prácticas, recibirá a cualificación de "Non presentado".
      2. Noutro caso, recibirá a nota media ponderada das probas teóricas e prácticas como cualificación final.

DATAS DE AVALIACIÓN
As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
PROCEDEMENTOS FRAUDULENTOS
Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...)nalgunha das actividades de avaliación (artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario ) terá unha cualificación final de suspenso neste curso académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas.
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través da https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000