O obxectivo principal desta materia, compartido con outras do Módulo de Matemáticas, é familiarizar ao alumnado coa linguaxe e os métodos matemáticos, mellorando a capacidade de razoamento, de análise, de síntese e a formulación de argumentos. Outros obxectivos específicos desta materia son coñecer e manexar os conceptos e as técnicas da Álxebra Lineal e da Xeometría Euclídea, aplicar técnicas da álxebra matricial, resolver sistemas de ecuacións lineais e interpretar xeometricamente os resultados.