Prácticas de laboratorio |
Actividades en laboratorio de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas, ferramentas e procedementos relacionados coa Enxeñaría do Software.
Desenvólvense nos laboratorios informáticos, así como de forma autónoma polo alumnado.
AVALIACIÓN CONTINUA:
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio |
Flipped Learning |
Antes de cada sesión de clase presencial, o alumnado deberá realizar unhas actividades online para adquirir coñecementos teóricos e prácticos. Utilizaranse recursos como vídeos, lecturas ou actividades interactivas. Na aula traballaranse os conceptos apresos mediante discusións ou resolución de exercicios. |
Gamificación |
Semanalmente, durante o curso exporanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoevaluables na aula virtual que deben ser realizadas polos estudantes de forma individual, autónomo e non presencial, normalmente cunha data límite. No seu conxunto forman un sistema de gamificación, obtendo unha serie de puntos (denominados Puntos de Mérito ou PM) por cada exercicio ou proba. Deberán obter polo menos un 70% dos PM. |