=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
ESCENARIO ALTERNATIVO
Ante situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de gromos ou peches, empregaranse medios virtuais para a impartición das clases.
A actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Moovi como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
Ademais, todo o material estará dispoñible na plataforma de teledocencia Moovi para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade. |