Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Materias
  Economía urbana e cidades intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas de forma individual 40
Estudo de casos Estudo de casos 40
Exame de preguntas obxectivas Examen 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

Nesta materia realizarase unha avaliación continua do traballo realizado polo alumno. Para superar a asignatura por avaliación contínua deben acadar alomenos un 50% da nota nas tres probas realizadas (resolución de problemas, estudos de casos e exame e sacar, en media, un 5.

A non presentación a calquera das tres probas  suporá que o alumno deixa de ser avaliado en avaliación continua.  A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.

Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por avaliación continua ou non queran optar por esta vía terán a opción de presentarse a un examen final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua.

Convocatoria extraordinaria

A convocatoria extraordinaria consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Coordinación do Título para o curso 2024-2025. No caso de conflito ou disparidad entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web do Título.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000