Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Materias
  Economía urbana
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Economía urbana Código O05M190V01106
Titulación
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Carlos Villamarín, Pablo de
Correo-e pdecarlo@uvigo.es
Profesorado
Carlos Villamarín, Pablo de
Web http://fcce.uvigo.es/gl/estudos/master-desafio-das-cidades/
Descrición xeral As cidades convertéronse nun motor de crecemento económico, configurándose como entidades cun forte dinamismo para o desenvolvemento de novas iniciativas e xeración e captación de talento. Ao mesmo tempo, isto provocou grandes problemas e limitacións para a súa correcta dimensión e desenvolvemento, acentuados polo seu elevado crecemento.

Entre outras cuestións económicas a ter en conta para un correcto desenvolvemento das urbes do século XXI, deben considerarse a sobrepoboación, dificultades para o acceso á vivenda, problemas de mobilidade, conxestión de servizos públicos, custos de capitalidade, falta de recursos financeiros ou o aumento da desigualdade.

Todos estes elementos teñen implicacións e ramificacións que debe ser debidamente analizadas desde a perspectiva económica. O obxectivo desta materia é proporcionar unha visión xeral de todo o que rodea á economía das cidades e, ao mesmo tempo, establecer pautas de actuación, que reduzan a intensidade dos problemas económicos desde unha óptica responsable e sostible.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000