A materia Medidas de atención a a diversidad para alumnas/os con necesidades educativas forma parte do módulo Necesidades educativas especiais, e céntrase prioritariamente nos seguintes aspectos: As necesidades educativas do alumnado no currículo; a avaliación psicopedagóxica; o trastorno do espectro autista e os déficits atencionais. Esta materia contribúe a consecución dos obxectivos do máster centrados na adquisición de formación teórica de carácter multidisciplinar no ámbito das necesidades educativas especiais, no estudo de situacións reais en contextos educativos, na análise de experiencias educativas innovadoras, na adquisición do coñecemento necesario para a avaliación das necesidades dos alumnos/as con necesidades educativas especiais e de destrezas para o deseño e posta en práctica de propostas de intervención que contribuían ao avance da súa aprendizaxe