Outros comentarios e avaliación de Xullo AVALIACIÓN CONTINUA Alumnado que se acolla a modalidade
de avaliación continua debe ter unha asistencia do 80%. A
avaliación continua segue os criterios da guía docente. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non cumpra o criterio da
asistencia (80%) ten que ir a avaliación global, que
consistirá unha proba de avaliación sobre os contidos nucleares da materia
(55%), un traballo individual similar ao presentado polo alumnado asistente
(35%) e o traballo de módulo (10%). A data da proba terá lugar na data e
horario oficiais aprobados e publicados pola Facultade. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames". As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Así, as actividades non superadas poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as
puntuacións nas probas/actividades superadas. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |