Para
superar a materia cómpre alcanzar o 50% da puntuación nas seguintes metodoloxías de avaliación docente (lección maxistral; estudo de casos; e traballo tutelado). Para optar ao sistema de avaliación continua o alumnado deberá asistir, polo menos, a 4 das 6 sesións previstas para esta materia. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non será obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. O alumnado que non supere a
materia por avaliación continua terá que realizar unha avaliación global mediante unha/s proba/s, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data
tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores/traballadores en exercicio que acrediten un horario incompatible coas clases presenciais; en todo caso, garantindo a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Para estes casos, abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi no cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para este alumnado. Alumnado con necesidades específicas: En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Datas oficiais dos exames: As datas oficiais de exames poden consultarse na web do máster no espazo "exames". http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |