As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.
O estudantado que por motivo xustificado non poida asistir a todas as sesións presenciais contará con actividades alternativas para recuperar cada unha delas. A avaliación continua require asistir polo menos ao 75% das clases.
O estudantado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado ao alumnado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente.
Así mesmo o tipo de proba/s figurará/n en Moovi, nas respectivas materias, nunha carpeta baixo a denominación “Alumnado non asistente”, na que se presentarán os detalles da/s mesma/s, concretando tamén onde terá que realizar a entrega o alumnado.
As datas dos exames oficiais poden consultarse na web do mestrado.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT)
Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.