Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Contextos Escolares
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións. Realización de actividades de aula.
30 B5
C1
C8
D3
Traballo tutelado Realización de traballos e tarefas en equipo e/ou individuais. 40 B5
C1
C8
D3
Estudo de casos Actividade de módulo: asistencia e realización de tarefa asociada. 10 B5
C1
C8
D3
Presentación Presentacións en equipo. 20 B5
C1
C8
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado pode optar por ser Asistente ou Non Asistente.

 



O alumnado Asistente fará avaliación continua, o que require asistir polo
menos ao 80% das horas da materia.

 



 

AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:

 



(1) Asistencia, participación e
realización de actividades de aula: 30%

 



(2) Traballo grupal tutelado: 40%

 



(3) Asistencia e participación
na actividade de módulo: 10%

 



(4) Presentación en equipo: 20%

 



 



Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo
da cualificación final da materia
serán as seguintes:

 



 



AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:

 



(1) Realización de tarefas sobre
os contidos das sesións: 30%

 



(2) Traballo tutelado grupal: 40%

 



(3) Presentación en equipo: 30%

 



 



É necesario aprobar
os apartados 1 e 2 da avaliación para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para Asistentes como para Non Asistentes.
Se algún destes tres apartados non se aproban nunha convocatoria dada, a
cualificación desta será o sumatorio das diferentes partes da avaliación
dividido entre dous.

 



O alumnado que prefira optar por ser Non
Asistente debe comunicalo á coordinadora da materia á maior brevidade posible,
e deberá consultar na aula virtual da materia as instrucións das tarefas a
realizar dentro da sección denominada ‘Alumnado Non Asistente’. Coa lista de
alumnado Non Asistente, o profesorado conformará equipos de traballo e
publicaraos na aula virtual da materia xunto coas instrucións para a
elaboración de tarefas, co fin de que cada equipo se poida organizar para
realizalas. Publicada a conformación dos equipos, o alumnado implicado debe
establecer o primeiro contacto entre si a través de Moovi. Unha vez se entra na aula virtual da materia, pícase
arriba á dereita, na icona do globo, e ponse o nome da persoa á que se quere escribir
encima de ’Buscar’.
A continuación pícase no nome e abaixo escríbese a mensaxe. Finalmente dáselle a ’Enviar’, e a partir de aí cada equipo pode establecer
as canles de comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que
todo o alumnado estea activo en Moovi.

 



O alumnado que ao longo do semestre perda
o dereito de avaliación continua por superar o máximo de ausencias (20% das
horas da materia) debe pórse en contacto coa coordinadora tan pronto como se
vexa nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado determinará a procedencia
de seren avaliado de acordo á avaliación establecida para Non Asistentes. De
ser o caso, este alumnado será integrado nun equipo de traballo de Non
Asistentes, sempre que sexa posible.
De non ser posible, e dado que a maioría
das tarefas de avaliación para Non Asistentes deben realizarse en equipo e
deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais de avaliación
obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira oportunidade,
faranse en segunda oportunidade.

 



 



OBSERVACIÓNS:

 



a. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto,
como aprobadas nese curso académico. O traballo en equipo ou individual é
obrigatorio cando así se requira.

 



b. As datas oficiais dos exames poden
consultarse na páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A
convocatoria e as instrucións para as probas da materia anunciaranse na aula
virtual da materia na sección ‘Avaliación e cualificacións’.

 



c. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser
adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente
o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000