Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Contextos Escolares
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Atención grupal ou individual nas clases ou nas titorías, previo acordo entre o alumnado e o profesorado. O alumnado Asistente solicitará as titorías ao profesorado preferentemente en clase (nas sesións presenciais, evitando o uso do e- mail) para fixar, de ser necesaria, unha titoría individual ou grupal fóra das aulas regulares da materia. O alumnado que precise unha titoría coa coordinadora da materia usará o horario de titorías para expor as súas dúbidas. De non poder asistir fisicamente ás titorías, deberá chamar por teléfono á coordinadora no horario de titorías, evitando o contacto por e-mail. Unha vez establecido o contacto coa coordinadora ben fisicamente ben telefonicamente, existe tamén a opción de fixar titoría en liña a través do Campus Remoto da UVIGO, para o que a docente facilitará ligazón e clave para a conexión no despacho virtual. Estableceranse as medidas necesarias para dar resposta á atención á diversidade.
Traballo tutelado Orientación preferente na aula. De ser necesario, solicitarase titoría en liña ou presencial segundo as pautas de comunicación que estableza cada docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000