Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Entornos Socio-educativos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Interculturalismo en Entornos Socio-educativos Código O05M138V01101
Titulación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4.5 OP 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Cid Fernández, Xosé Manuel
Correo-e xcid@uvigo.es
Profesorado
Cid Fernández, Xosé Manuel
de Jesús Rodríguez, María Elena
Fernández Simo, Jesús Deibe
Web
Descrición xeral A materia forma parte do módulo Interculturalismo e educación, no que tamén se inclúe "Interculturalismo en contextos escolares".
Os estudantes cursan en primeiro lugar esta materia, que pretende fornecer un panorama dos desafíos sociais e culturais que plantexa a realidade multicultural e multilingüe da Comunidade Autónoma Galega, designadamente visibilizada pola recente e cada vez máis relevante presenza de imigrantes e retornados, e que tenta construir respostas innovadoras desde o interculturalismo crítico para o ámbito socioeducativo en xeral.
É por iso que entendemos esta materia como un espazo de reflexión crítica que interprete tamén desde unha óptica ‘xeográfica’ o fenómeno da mobilidade e das migracións, que formule propostas innovadoras sobre a xestión da diversidade lingüística e cultural para a Galiza do século XXI e que impulse un diálogo intercultural
igualitario con persoas, colectivos e asociacións de inmigrantes de diferentes culturas e linguas co obxectivo de achar valores compartidos para a convivencia e solucións comúns para a superación das barreiras sociais, para alén de proporcionarlle ao alumnado os recursos necesarios para estimular e potenciar a súa capacidade de autocrítica no plano das crenzas, actitudes e condutas estereotipadas e prexuizosas fronte ás
persoas e grupos pertencentes a outras culturas.
En conclusión, a materia "Interculturalismo en entornos socio-educativos" participa na consecución daqueles obxectivos do máster que fan referencia, especialmente, á adquisición de formación teórica de carácter multidisciplinar no ámbito do interculturalismo, a análise de situacións reais e de experiencias educativas innovadoras, así como no coñecemento, deseño, desenvolvemento e avaliación de programas, actividades e materiais de carácter socioeducativo e intercultural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000