1) Asistencia continua ás sesións, esta asistencia considérase fundamentalmente para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais.
2) Dominio da informática a nivel usuario, o que supón o manexo de aplicacións de carácter xeral (por exemplo, un tratamento de textos, unha base de datos e un programa de presentacións), do correo electrónico e Internet.
3) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no eido educativo.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |