¿En que consiste unha investigación en Psicoloxía Educativa? ¿A que nos estamos a referir cando falamos de método e metodoloxías? ¿Son o mesmo? ¿Como é tratada a información nun traballo de investigación?
Nesta materia daranse, para a súa análise crítica, múltiples respostas aos interrogantes anteriores e aínda buscaranse outras dende enfoques alternativos, que propicien unha re-construción crítica, fundada e coherente da realidade educativa dende os diversos paradigmas científicos.