Proporcionaranse orientacións sobre a planificación, deseño e realización do traballo. O horario da sesión de presentación do TFG pode consultarse na web da facultade no espazo "Traballo de fin de grao".
Traballo tutelado
Cada alumno/a disporá dun tutor/a asignado/a que o acompañará no proceso de realización do seu TFG.
Probas
Descrición
Presentación
O/a estudante exporá e defenderá publicamente perante un tribunal unipersoal o seu TFG. A exposición durará un máximo de dez minutos. O tribunal unipersoal disporá de cinco minutos para formular as cuestións relativas ao TFG que considere oportunas e o alumno ou alumna dun máximo de cinco para responder a estas.